Desmantelado un punto de venda de heroína no norte da cidade

Un individuo de 45 anos foi detido por este motivo, só unhas semanas despois de ser arrestado por extorsionar o seu caseiro.

Unidade da Policía Nacional | Xefatura Superior

EFE | Un lucense de 45 anos, con 18 arrestos previos, foi detido pola Policía Nacional por por traficar con drogas, concretamente con heroína, na zona norte da cidade de Lugo.

Segundo informou a Comisaría Provincial, dáse a circunstancia de que este mesmo individuo xa fora arrestado hai unhas semanas por extorsionar a unha empresario lucense, ao que lle reclamou cinco mil euros para abandonar a vivenda que lle tiña alugada, despois de varios meses sen pagarlle nin un euro por residir no inmoble.

Asociacións e veciños da Avenida da Coruña e as rúas Ramiro Rueda e Otero Pedrayo avisaron á Policía Nacional dun “movemento inusual de toxicómanos” nesa zona da cidade, o que motivou que se puxese en marcha unha investigación e un dispositivo de vixilancia.

Esa vixilancia deu os seus froitos tras varias semanas, cando os axentes que participaron no operativo puideron comprobar que o sospeitoso estaba supostamente vendendo heroína na zona norte da cidade de Lugo. Na detención, os axentes interviñéronlle unhas trinta doses de heroína, 520 euros en efectivo e unha báscula de precisión.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Garda e o sospeitoso quedou en liberdade tras prestar declaración en dependencias policiale

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here