InicioSucesosCae unha banda acusada de cometer 18 roubos en negocios da provincia

Cae unha banda acusada de cometer 18 roubos en negocios da provincia

Actuaron en Friol, A Pastoriza, Outeiro de Rei, Vilalba, Castroverde, Xermade, Begonte e na cidade de Lugo. A Garda Civil informa de que subtraeron dende tractores ata trades ou xeradores eléctricos en negocios, explotacións gandeiras, naves industriais ou vivendas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Unha banda acusada de perpetrar polo menos 18 roubos en negocios da provincia de Lugo foi desmantelada coa detención dos seus cinco integrantes. Segundo informa a Garda Civil, actuaron nas localidades de Friol, A Pastoriza, Outeiro de Rei, Vilalba, Castroverde, Xermade, Begonte e a cidade de Lugo.

Os membros do grupo asaltaban almacéns, naves industriais, explotacións gandeiras e ata vivendas, segundo as conclusións da investigación da Garda Civil, que se prolongou durante cinco meses.

Agora, os tres principais detidos foron identificados coas iniciais M. F. C., de 28 anos, residente en Lugo; D. C. C., de 42 anos de idade, un veterinario residente en Pol; e A.A.V., con domicilio tamén en Lugo, de 30 anos e que rexenta unha empresa de construción.

A Garda Civil considera a M. F. C autor material de todos os roubos investigados, mentres que aos outros dous detidos só  os relaciona cunha parte dos delitos. Con todo, os investigadores cren que facilitaron información e encargos ao primeiro para logo beneficiarse tamén da venda do material roubado.

Así mesmo, a Garda Civil tamén procedeu á detención de G.O.S., de 26 anos de idade, con residencia en Betanzos, e de A. M.S., de 19 anos domiciliado en Guitiriz, ambos dedicados á compravenda e reparación de maquinaria usada. Estes dous últimos mozos serían os responsables da venda e distribución de boa parte do material subtraído, segundo a investigación.

DENDE TRACTORES ATA XERADORES ELÉCTRICOS

Entre o material subtraído figura maquinaria de xardinería e forestal (rozadoras, tractores cortacéspede, cortasetos, motoserras, sopradores) e de construción (amoladoras, trades, martelos percutores, hidrolimpadoras, equipos de soldadura, xeradores eléctricos), ferramentas cuxo valor supera os 50.000 euros. 

Os detidos tamén están acusados de suposta implicación no roubo de xoias en dúas vivendas por un valor duns 7.000 euros. A Garda Civil logrou recuperar boa parte do material roubado.

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención...

Lara Méndez, “tranquila” ante a situación de José Tomé nas primarias: “Cando detectamos un problema, dámoslle solución, non coma o PP”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, dixo estar "tranquila" ante a situación do...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia celébrase en Lugo por primeira vez como Ben de Interese Cultural

A cidade de Lugo acolle este domingo, 29 de xuño, unha nova edición da...

A Fiscalía pide 20 anos de prisión para un home acusado de violar dúas veces a unha muller en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá os días 3 e 4 de xullo o...