Trasladan unha muller ao hospital tras un incendio na súa casa en Guitiriz

O lume orixinouse nun microondas mentres quentaba a comida.

Bombeiros de Lugo | Concello de Lugo
Bombeiros de Lugo | ARQUIVO

Unha muller tivo que ser trasladada ao hospital de referencia tras inhalar monóxido de carbono por mor dun incendio rexistrado na súa vivenda, situada en Guitiriz.

Ao parecer, o lume orixinouse nun forno de microondas mentres a persoa que habitaba a casa trataba de quentar a comida. O suceso de produciu ás 13,15 horas deste sábado.

A esa hora, os axentes da Garda Civil chamaron aos equipos de extinción de incendios para intervir nun piso da Rúa Candela que se atopaba repleto de fume.

Segundo a información facilitada aos xestores do 112, un equipo médico atopábase no lugar do incidente para atender á muller afectada. Desde alí púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Vilalba, que ventilaron as estancias tras realizar as comprobacións pertinentes. A través delas confirmaron que as medicións de monóxido de carbono foron positivas.

Desde o Centro integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia avisouse tamén aos axentes da Policía Local e aos membros de Protección Civil de Guitiriz.