InicioSucesosFerido un septuaxenario ao quedar atrapado debaixo do tractor en Antas de...

Ferido un septuaxenario ao quedar atrapado debaixo do tractor en Antas de Ulla

Debido á gravidade das lesións, mobilizouse ata o lugar un helicóptero medicalizado e o home foi trasladado ao HULA.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de 79 anos de idade resultou ferido de consideración na tarde deste xoves en Antas de Ulla  ao quedar atrapado debaixo do tractor que manexaba, que finalizou envorcado.

Segundo informou o 112, os feitos sucederon no lugar de Velanxil, na parroquia de Peibás, sobre as 19:05 horas. Debido á gravidade das lesións do home accidentado, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou un helicóptero medicalizado ata unha zona próxima.

Posterioremente, o ferido, R.T.F, foi trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo, segundo confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Despois de recibir a alerta a través dos servizos sanitarios, por parte do CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención do GES de Monterroso, dos Bombeiros de Chantada e da Garda Civil.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...