InicioSucesosOs propietarios de Frutigal, cansos dos ladróns: tres roubos en tres meses

Os propietarios de Frutigal, cansos dos ladróns: tres roubos en tres meses

Estes froiteiros denuncian que os cacos entraron onte no seu local da rúa Conde, no que xa subtraeran diñeiro hai pouco tempo. No mes de abril, tamén atoparan o seu establecemento da rúa Armórica "esnaquizado".

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Os propietarios de dúas froitarías situadas na cidade de Lugo, unha na Rúa Conde e a outra na Rúa Armórica, non ocultan o seu tremendo malestar por ser obxecto de tres roubos nos seus establecementos en apenas uns meses.

Segundo denunciaron os donos de Frutigal, no establecemento que teñen na Rúa Conde, a poucos metros da sede da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, sufriron dous roubos seguidos en menos de tres meses. O último deles produciuse a principios desta mesma semana, cando lles levaron o diñeiro que había na caixa rexistradora e o que tiñan gardado para o cambio, algo máis de douscentos euros.

Porén, os ladróns non provocaron desfeitas no local en ningún dos casos. Non ocorreu o mesmo cos cacos que asaltaron o establecemento na rúa Armórica, o pasado mes de abril, onde ademais de levar o diñeiro que había na tenda, provocaron importantes danos. “Esnaquizaron” o local, explican os propietarios.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...