Atopan o corpo dunha persoa flotando na lagoa de Fonmiñá, na Pastoriza

Un particular chamou ao 112 Galicia para alertar do achado do cadáver.

Lagoa de Fonmiñá, na Pastoriza | contosdorio.wordpress.com

O corpo sen vida dunha persoa apareceu na auga da lagoa de Fonmiñá, no concello da Pastoriza. Unha persoa particular foi quen alertou esta mañá ao 112 Galicia do achado.

Segundo informa o 112, recibiuse a chamada do alertante ás 11:00 horas e, a partir de aí, púxose en marcha un operativo de rescate, no que interviñeron os servizos sanitarios, os Bombeiros de Vilalba e os axentes da Garda Civil. Así mesmo, desde o 112 Galicia puxéronse os feitos en coñecemento dos membros do GES da Pontenova.

Unha vez rescatado o corpo, as forzas da orde tratan de esclarecer as causas do suceso.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here