InicioSociedadeUnha muller pretendía facer o DNI en Lugo coa partida de nacemento...

Unha muller pretendía facer o DNI en Lugo coa partida de nacemento doutra persoa

Alegaba que precisaba o documento para acceder a un posto de traballo. A Policía Nacional detívoa por un delito de usurpación do estado civil.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo unha muller onte, en Lugo, por un delito de usurpación do estado civil, ao pretender facer o Documento Nacional de Identidade con datos que pertencían a outra persoa. A muller alegaba a súa urxencia na obtención do DNI para acceder a un suposto contrato de traballo.

Tal muller presentouse hai un par de días nas dependencias de Expedición do Documento Nacional de Identidade, na Avenida de Ramón Ferreiro. Manifestaba que necesitaba facer o DNI, xa que nunca o expedira dende a súa entrada a España. Agora precisábao para un posto de traballo, segundo informan fontes policiais. Os funcionarios informárona de que, debido á actual situación do estado de alarma, só se expiden Documentos “por motivos extraordinarios e previa xustificación”.

Porén, na mañá de onte, a muller acudiu de novo ás oficinas de Ramón Ferreiro e insistiu en que facer o DNI era imprescindible para o contrato de traballo xa citado. Ante tales circunstancias e coa xustificación aportada, procédese a iniciar os trámites da expedición. Entre a documentación precisa para este procedemento, está a Partida de Nacemento, que ela tamén achegou. Non obstante, ao introducir os datos no sistema informático, os funcionarios comprobaron que eses datos correspondían a outra persoa.

Malia que a muller seguiu porfiando en que a Partida era súa, foi detida por un delito de Usurpación do Estado Civil, tal como informan dende a Policía Nacional. De todo isto deuse conta á Autoridade Xudicial, xunto co atestado elaborado ao efecto. A detida foi posta en liberdade á espera do xuízo.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...