- Advertisement -
EFE | Un home de 60 anos foi evacuado para recibir atención médica no HULA logo de que unha patrulla da Policía Local o atopara tirado na rúa Tui de Lugo con claros síntomas de embriaguez.
Sucedeu onte, 6 de maio, ás 17:00 horas, segundo informou a propia Policía Local. Ao veren o home, tendido nunha beirarrúa, os axentes achegáronse a el e percibiron indicios de que estaba bébedo.
Despois de prestarlle os primeiros auxilios, unha ambulancia do 061 evacuouno ao hospital para que recibise atención sanitaria