InicioSucesosDenuncian a dona dun bar da Milagrosa por conducir ebria e abrir...

Denuncian a dona dun bar da Milagrosa por conducir ebria e abrir o local durante o estado de alarma

Tamén foron denunciados dous homes que consumían bebidas no interior do establecemento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional denunciaron na noite deste martes a propietaria dun bar en Lugo e a dous clientes que consumían bebidas no interior a pesar das restricións polo estado de alarma.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos ocorreron ás 2:00 horas, cando os efectivos policiais observaron na zona da Milagrosa como un vehículo que circulaba pola rúa Río Navia golpeaba a outro estacionado. Déuselle o alto á condutora e requiríuselle a documentación e o motivo de estar na vía pública. Ante isto, a muller contestou que estaba a aparcar o vehículo dun amigo, que neses momentos se atopaba baixo os efectos do alcol. Ademais, dixo que os seus documentos estaban no bar do lado.

Posto que na conversa se detectan indicios de que a muller pode estar tamén baixo os efectos do alcol, dáse aviso á Policía Local para realizar as pertinentes probas, que posteriormente resultaron positivas. No entanto, procedeuse á identificación desta persoa e, ao entraren os axentes no bar, comprobaron que alí había dous homes que consumían bebidas alcohólicas.  

Por todo iso procedeuse a sancionar a estes clientes e tamén ao local por incumprir o estado de alarma, decretado desde o pasado día 14 de marzo pola pandemia.

Ademais, na identificación da condutora, os axentes comprobaron que carece de carné de conducir, polo que a Policía Nacional informou á Local para realizar as dilixencias por incumprindo da normativa de tráfico, á vez que tamén se traslada ao propietario do vehículo que foi imputado polo feito de facilitar o coche a unha persoa que carece de permiso de conducir.

DENUNCIAS

Todo iso quedou reflectido nun atestado de tráfico para a autoridade xudicial xa que, ademais de carecer de permiso de conducir, a muller obtivo unha taxa de alcol en aire respirado de 0,50 ml.  Así mesmo, trasladouse á autoridade gubernativa as denuncias por incumprimento do estado de alarma de tres persoas, ademais da apertura do bar.

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...