InicioSucesosCachan un vehículo con cinco ocupantes que ían "dar un paseo polo...

Cachan un vehículo con cinco ocupantes que ían “dar un paseo polo campo”

A Garda Civil destaca que a maioría da xente respecta as restricións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil interceptou no concello de Lugo un vehículo con cinco persoas no seu interior, que alegaron que ían “dar un paseo polo campo”. Foron denunciadas por incumprir a normativa que limita o número de usuarios e os desprazamentos durante o estado de alarma.

Segundo informou o Instituto Armado, o control tivo lugar á altura do quilómetro 1 da estrada N-540. Alí viron un vehículo con cinco ocupantes, que se escusaron na necesidade de pasear dun dos viaxeiros, de avanzada idade.

A Garda Civil apunta que a maioría da sociedade respecta as restricións de mobilidade, tal como comproban durante o seu “intenso labor de vixilancia”. Aínda así, “en ocasións detéctanse situacións que contraveñen de forma flagrante o establecido para a circulación de persoas”.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...