InicioSucesosUn home foi sorprendido tres veces nun bus urbano de Lugo "sen...

Un home foi sorprendido tres veces nun bus urbano de Lugo “sen xustificación”

A Garda Civil tamén detectou un home que conducía un coche acompañado do seu can para levalo pasear ao monte.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil continúa realizando controis para garantir o cumprimento do estado de alarma. Entre as denuncias máis curiosas en Lugo, está a dun home que foi sorprendido ata en tres ocasións en días diferentes nun bus urbano sen xustificación algunha. Os axentes tamén denunciaron outro home que conducía o coche para levar o seu can a pasear ao monte.

Segundo informou o Instituto Armado, o pasado martes levou a cabo unha actuación conxunta de diferentes unidades do corpo que permitiu a detección de “numerosas infraccións a distintos regulamentos”, como incumprimento das restricións de mobilidade persoal e infraccións ao regulamento xeral de circulación.

O dispositivo efectuouse nas inmediacións da capital luguesa, en concreto no quilómetro 500,500 da estrada N-VI, no termo municipal de Lugo, entre outras “localizacións aleatorias”.  “O operativo desenvolveuse con normalidade, levantando gran expectación dada a cantidade de medios humanos e materiais empregados, aínda que a tónica xeral é que estas medidas son ben acollidas e entendidas polos usuarios”, destacou a Benemérita.

En relación ao cumprimento das restricións de circulación impostas polo estado de alarma, os axentes detectaron a un home que foi denunciado tres veces en distintos días “sen xustificación algunha” a bordo dun autobús urbano.

En relación ao incumprimento do confinamento, os axentes interceptaron sobre as 14:00 horas do martes na N-640 un vehículo ocupado por un home, que argumentou que se desprazaba ao monte para que o can que o acompañaba dese un paseo.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...