InicioSucesosA Policía Nacional detivo 24 persoas en Lugo dende o inicio do...

A Policía Nacional detivo 24 persoas en Lugo dende o inicio do confinamento

Tramitáronse 288 actas de infracción por vulnerar o estado de alarma. Algunha das persoas arrestadas foi reincidente.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- Axentes do Corpo Nacional de Policía practicaron 24 detencións en Lugo nos 18 días que levamos de confinamento, ademais de tramitar 288 actas de infracción por vulnerar as medidas incluídas no estado de alarma para frear a expansión do coronavirus.

Segundo informou a Comisaría Provincial, os axentes da Policía Nacional en Lugo “dedícanse case ao completo ao control do estado de alarma e a dar resposta ás demandas dos cidadáns nesta situación excepcional”, algo “posible grazas ao descenso vertixinoso que se produciu en canto á actividade delituosa, ás denuncias presentadas e aos demais servizos”.

Desde o pasado 14 de marzo, “establecéronse filtros e controis de vehículos na cidade de forma continua cunha media de cinco diarios, coa colaboración da BRILAT, Unidade Adscrita da Policía Autonómica e a Policía Local”.

Nese tempo, engade, instruíronse “288 actas de infracción do estado de alarma” e “24 persoas foron detidas”, aínda que algún dos arrestados foi “en dúas ou tres ocasións” pola súa persistencia en vulnerar as medidas de confinamento.  “Nas últimas vinte e catro horas procedeuse á denuncia de vinte e unha persoas por incumprimento das medidas do estado de alarma”, rematan.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...