InicioSucesosIdentificada a autora do audio viral sobre a falsa chegada dun bus...

Identificada a autora do audio viral sobre a falsa chegada dun bus ao HULA con persoas infectadas

Este boato propagárase rapidamente pola cidade de Lugo a través de WhatsApp, pero a Policía e o HULA desmentiron o seu contido.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Hai uns días fixérase viral na cidade de Lugo un audio de WhatsApp que alertaba da chegada ao HULA dun autobús cheo de persoas contaxiadas por coronavirus. A Policía Nacional xa desmentiu no seu momento esta información falsa e agora veñen de identificar a autora deste boato.

A Policía Nacional deu parte á autoridade xudicial a través dun informe policial remitido ao Ministerio Fiscal, logo de realizar as correspondentes investigacións para coñecer a identidade da persoa que difundira tal audio.

Ademais, o Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo volveu confirmar á Policía Nacional “a falsidade” do relatado na mensaxe viral.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...