Desarticulan un punto de venda de droga en Lugo tras deter un mozo con antecedentes

A veciñanza do barrio de Albeiros queixárase da "constante trasfega de persoas e vehículos alleos ao barrio".

Desmantelado un punto de venda de drogas en Lugo.. POLICÍA NACIONAL DE LUGO.

Axentes da Policía Nacional detiveron un lucense de 27 anos con antecedentes por un delito contra a saúde pública e desmantelaron un punto de venda de drogas.

Segundo informou a Policía Nacional, o operativo iniciouse despois de recibir queixas por parte dos veciños de Albeiros sobre unha “constante trasfega de persoas e vehículos alleos ao barrio”. Así pois, púxose en marcha unha investigación para verificar os feitos. Xa dende o primeiro momento, os axentes detectaron a presenza do agora arrestado, vello coñecido das Forzas e Corpos de Seguridade pola vinculación anterior neste tipo de delitos.

No marco das vixilancias e demais dilixencias de investigación na zona, os axentes interviñeron 20 doses de haxix e dúas de cocaína, procedentes das vendas que os funcionarios actuantes poden observar e comprobar. Froito diso prodúcese á detención do individuo.

As mesmas fontes policiais destacaron que a detención se cumprimenta “con media ducia de actas de intervención de droga, provenientes das vendas”.

A Policía Nacional informou de todo iso á autoridade xudicial despois de tomar declaración ao detido, que quedou en liberdade.