Investigado un veciño de Lugo de 73 anos por coaccionar a un inquilino que non lle pagaba

O propietario puxo un cadeado na porta dunha nave industrial en Ribadeo.

Axentes da Garda Civil | Ministerio do Interior

Un veciño de Lugo de 73 anos de idade está a ser investigado pola Garda Civil  por un suposto delito de coaccións ao presionar ao inquilino dunha nave da súa propiedade para que lle abonase a débeda que tiña contraída con el.

Segundo informou a Garda Civil, os feitos sucederon na localidade de Ribadeo, cando o investigado supostamente pechou cun cadeado a porta dunha nave industrial da súa propiedade, que está arrendada a un terceiro.

Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here