InicioSucesosInvestigados dous veciños de Abadín polo furto de 800 litros gasoil

Investigados dous veciños de Abadín polo furto de 800 litros gasoil

Os presuntos autores do delito terían subtraído o combustible do interior dunhas instalacións industriais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga dous veciños de Abadín de 51 e 53 anos de idade como presuntos autores dun delito continuado de furto de 800 litros de gasoil nunhas instalacións industriais.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos delituosos polos que foron investigadas estas dúas persoas tiveron lugar entre os días 15 e 21 de febreiro. Os presuntos autores subtraeron uns 800 litros de gasoil, valorados nun mil euros, do interior dunhas instalacións industriais situadas no termo municipal de Abadín.  As persoas investigadas en relación con estes feitos foron postas a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...