InicioSucesosVen culpable ao acusado de matar o seu pai a golpes en...

Ven culpable ao acusado de matar o seu pai a golpes en Monterroso

A defensa recorrerá a sentenza. Un dos intervenientes acreditou que, cando acudiron ao domicilio, atoparon ao acusado sentado no sofá que compartía co pai e recoñeceu: "mateino a golpes"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xurado popular declarou culpable ao acusado de matar o seu pai a golpes na parroquia de Esporiz, no municipio lucense de Monterroso, o 19 de marzo de 2018, supostamente en presenza do seu fillo e neto da vítima, que por aquel entón tiña 4 anos de idade. A defensa xa anunciou que recorrerá a sentenza.

Tras dúas xornadas de xuízo, celebrado entre este mércores e xoves na Audiencia Provincial de Lugo, o xurado (seis homes e cinco mulleres, dúas deles suplentes), chegou á conclusión de que o acusado, de 54 anos de idade, é culpable.

No seu escrito fiscal o ministerio público pedía 20 anos de prisión por homicidio agravado por parentesco e saúde fráxil, así como 21 anos de afastamento do procesado do seu fillo. O pai presentaba mobilidade reducida que dificultaba os seus movementos e que facía que precisase asistencia.

Segundo a acusación pública, o seu fillo propinoulle múltiples patadas e puñadas por todo o corpo, cabeza incluída, o peito e as costas, ademais de empregar un berce metálico para ocasionarlle a morte. Pola súa banda, o avogado da defensa solicitou a libre absolución co argumento de que a morte foi accidental debido a unha “caída” da vítima, que tiña 79 anos de idade, e tamén introduciu no xuízo a argumentación de que o procesado estaba bebido no momento dos feitos.

No entanto, non foi aceptado o eximente de embriaguez e o único que os membros do xurado aprecian é que “estaba un pouco mermado pola bebedeira, pero que previu, ou debeu prever que podía causarlle a morte”, segundo explicou a Europa Press o avogado da defensa, César Lodos.

TESTEMUÑOS

A xornada de xuízo deste xoves cinguiuse basicamente á toma de declaración de testemuñas, entre eles varios axentes da Garda Civil.

Un dos intervenientes acreditou que, cando acudiron ao domicilio, atoparon ao acusado sentado no sofá que compartía co pai e recoñeceu: “mateino a golpes“. O cadáver foi atopado con “hematomas na cara” e sangue na “bota dereita” do fillo. O procesado, que responde as iniciais P.L.L., atópase na prisión de Monterroso desde que ocorreron os feitos.

RECURSO

Pola súa banda, a denfensa do acusado recorrerá a pena que lle impoña o presidente do tribunal. Así o avanzou o seu letrado César Lodos, quen valorou que no fallo do xurado estimáronse “algunhas das alegacións”. “E, ademais, estímase, aínda que non coa eximente completa, de estar baixo a influencia de bebidas alcohólicas pero si que se estima unha atenuante co que esperamos que a condena baixe bastante a petición inicial do fiscal que empezou en vinte anos e agora rebaixou a 17”, abundou.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...