InicioSucesosUn veciño de Abadín, ingresado na UCI tras ser apuñalado durante unha...

Un veciño de Abadín, ingresado na UCI tras ser apuñalado durante unha lea sobre uns cabalos

A Garda Civil detivo o presunto autor da agresión, que propinou unha navallada no abdome e outra á altura do pulmón.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un veciño de Abadín, de 44 anos, permanece ingresado na UCI do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) como consecuencia das dúas puñaladas que recibiu onte tras a discusión con outro veciño polo estado no que se atopaban uns cabalos.

Así o informaron fontes da Garda Civil, que apuntaron que os feitos sucederon na tarde deste domingo no concello de Abadín. O presunto autor das puñaladas, I.L.C., foi detido por un delito de lesións con arma branca, mentres que o ferido foi evacuado en ambulancia ao HULA, onde quedou ingresado por unha puñalada no abdome e outra á altura do pulmón.

Segundo relatan as mesmas fontes, a lea entre ambos homes foi intensa. Un deles teríase defendido cun obxecto contundente, mentres que o outro usou unha navalla. De feito, tamén o detido presentaba feridas, aínda que de carácter leve e como consecuencia dos golpes.

O arrestado, que pasou a disposición xudicial esta mañá en Mondoñedo, quedou en liberdade.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...