Deteñen un veciño de Outeiro de Rei e incautan varias armas na súa casa durante unha operación antidroga

O operativo enmárcase nunha investigación iniciada pola Garda Civil de Málaga.

Axentes de Garda Civil | ALX

Un veciño do municipio de Outeiro de Rei foi detido por axentes da Garda Civil no marco dunha operación antidroga que coordina a Comandancia do Instituto Armado de Málaga coa colaboración da Benemérita de Lugo.

A operación levouse a cabo na madrugada deste xoves, nunha parroquia de Outeiro de Rei na que residen os pais do detido. Tras o rexistro da vivenda tamén foron intervidas varias armas. 

Segundo fontes da investigación, a operación antidroga “segue aberta” e non se descarta que se produzan novas detencións.