InicioSucesosDetido un "perigoso delincuente" en Lugo despois de asaltar un menor a...

Detido un “perigoso delincuente” en Lugo despois de asaltar un menor a punta de navalla

O detido saíra de prisión semanas antes, logo de cumprir pena por feitos similares.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron un mozo lucense de 20 anos despois de que lle roubara a un menor. O suceso producíase unhas semanas máis tarde de saír de prisión por asaltar persoas maiores e outros menores.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos que levaron á detención este mércores do mozo sucederon entre o 26 de xaneiro e 1 de febreiro. Daquela, un menor presentouse nas oficinas policiais, acompañado dos seus proxenitores, para denunciar un roubo. O rapaz relatara que un “home cunhas características moi concretas, como que coxea”, abordouno pola rúa. A punta de navalla, pedíralle o diñeiro que levaba. Ante iso, o mozo entregoulle cinco euros e conseguiu marchar do lugar.

Días máis tarde e na mesma zona, o denunciante é chamado polo agora detido desde certa distancia, polo que lle deu tempo a ausentarse do lugar.

REINCIDENTE

Con iso, iniciouse a investigación para a localización deste “perigoso delincuente“, tal como o describiron fontes da Policía. Aseguraron que este mozo xa estivera arrestado por feitos similares. En concreto, por roubo con violencia sobre dúas persoas de idade avanzada, ás que lles chegou a causar lesións, ou por roubos con violencia e intimidación a menores de idade.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...