Investigan un veciño de Xermade por unha gaiola que supostamente usa para a caza de xabarís

A Garda Civil interviu a gaiola e presentou denuncia por incumprimento da Lei de Caza.

Gaiola grande supostamente para a caza intervida a un veciño de Xermade por parte da Garda Civil.. GARDA CIVIL

A Garda Civil investigou un veciño de Xermade por unha gaiola de grandes dimensións, orientada posiblemente á caza maior.

Segundo informou o Instituto Armado, a gaiola, posiblemente destinada á caza de xabarís, foi interceptada “en plena tempada de caza” no marco dos servizos orientados á prevención e loita contra o furtivismo.

Os axentes iniciaron unha investigación que tivo como resultado a identificación do presunto autor e titular de dita arte prohibida, quen resultou ser un veciño do termo municipal de Xermade.

Por estes feitos procedeuse á incautación da gaiola e á confección de denuncia por incumprimento da Lei de caza de Galicia.