InicioSucesosDeteñen dous homes que tentaron roubar máis de 80 aparellos electrónicos nun...

Deteñen dous homes que tentaron roubar máis de 80 aparellos electrónicos nun establecemento de Lugo

Os sucesos ocorreron na madrugada do sábado, pola zona de San Roque. Os axentes de Policía cacharon os ladróns cando aínda non saíran do local.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron o pasado a sábado a dous homes de 45 e 35 anos como autores dun delito de roubo con forza, ambos con numerosos antecedentes. Atribúenlles a subtracción de máis de 80 aparellos electrónicos.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos ocorreron ás dúas da madrugada do 1 de febreiro na rúa San Roque, cando unha veciña alertou ao dono do local de que uns individuos trataban de abrir un enreixado do comercio adxacente ao seu domicilio.

Así, foi alertada a Policía Nacional, que desprazou efectivos do servizo de noite ao lugar, onde comprobaron que o enreixado da entrada ao local estaba forzado e a porta aberta. “Coas debidas precaucións, xa que coa rapidez que se desenvolveron os feitos, era máis que probable que estivesen no interior”, os axentes descubriron os ladróns dentro dun pequeno almacén.

Permanecían agochados para evitaren ser vistos. Un estaba dentro dun armario e o outro ocultábase tras uns abrigos. No marco do botín que tiñan preparado para levar nunha bolsa de deportes, levaban tres ordenadores portátiles, sete tabletas, un gran número de cargadores e uns 70 teléfonos móbiles.

Os axentes procederon á súa detención e traslado a dependencias policiais. Tras pasar a disposición xudicial o domingo e despois de prestar declaración, quedaron en liberdade con cargos á espera de xuízo.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...