InicioSucesosSancionados outros sete 'gorrillas' na contorna do HULA

Sancionados outros sete ‘gorrillas’ na contorna do HULA

A Policía Local advertiulles que, de continuar con esa actividade ilegal, porían os feitos en coñecemento da autoridade competente.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local sancionou outros sete individuos que exercían de ‘gorrillas‘ na contorna do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

O dispositivo policial levouse a cabo o martes 28 de xaneiro, co fin de “combater a actividade ilegal de aparcacoches”.  En concreto, os axentes identificaron e denunciaron a sete individuos que realizaban “a actividade de indicar aos condutores desde a calzada os lugares de aparcadoiro dispoñibles, pondo en risco a súa integridade e a seguridade viaria”, subliñou a Policía Local.

Por iso, efectuaron actas por infracción á Lei de Seguridade Viaria e á ordenanza municipal de circulación por “realizar a citada actividade na vía pública ou espazos exteriores, sen autorización, ocasionando molestias, perigo e prexuízo ás persoas usuarias dos vehículos e obstucalizando a circulación”, indicaron as mesmas fontes policiais.

Ademais, os axentes requiríronlles a estes gorrillas que “depuxesen a súa actitude” e informáronos de que “de persistir na súa conduta, poranse estes feitos en coñecemento da autoridade competente por se fosen constitutivos doutro ilícito administrativo de maior gravidade”.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...