InicioSucesosInvestigan unha lucense que denunciou un falso roubo de móbil para cobrar...

Investigan unha lucense que denunciou un falso roubo de móbil para cobrar o seguro

Axentes da Policía descubriron que, en realidade, o teléfono non fora subtraído, senón vendido pola propia denunciante.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional investigan unha lucense de 30 anos por un delito de simulación tras denunciar o falso roubo do seu móbil para cobrar o seguro despois de vender o terminal telefónico.

Segundo informou a Policía Nacional, a moza presentouse en dependencias policiais o pasado 4 de decembro para denunciar o suposto roubo do seu teléfono, valorado en máis de 1.050 euros. A muller relatou que un mozo lle arrebatara o bolso no que portaba todas as súas pertenzas, entre elas o móbil asegurado. A denunciante incluso describiu o individuo que supostamente lle furtara o terminal telefónico.

Así, a Policía procedeu a verificar a denuncia antes de comezar cos trámites de investigación correspondentes, pero a aplicación policial ‘Veripol’ decretou un “resultado de veracidade moi baixo”. Daquela, os axentes tentaron comprobar os feitos denunciados e certificaron que o móbil non fora subtraído, senón vendido pola muller denunciante.

Por iso, a moza foi investigada como autora dun delito de simulación. A Policía destacou que puido incorrer nun delito de estafa cara á compañía aseguradora. De todo iso, foi informada a autoridade xudicial.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...