InicioSucesosDetida en Lugo por agarrar do pelo a súa filla de dez...

Detida en Lugo por agarrar do pelo a súa filla de dez anos e propinarlle unha cabezada

Axentes da Policía Local detiveron a nai, de 43 anos, tras contrastar o sucedido con varias testemuñas. A menor manifestou que xa recibira labazadas noutras ocasións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller de 43 anos de idade foi detida por malos tratos no ámbito familiar tras agarrar polos pelos e darlle unha cabezada á súa filla de 10 anos na cidade de Lugo.

Segundo informou a Policía Local, a detención produciuse sobre as 21:30 horas deste martes, 14 de xaneiro. Os feitos sucederon cando os axentes acudiron á Praza de Santo Domingo, onde unha nena de 10 anos fora agredida pola súa nai ao “collela polos pelos” e propinarlle “unha cabezada na fronte”, concretou a Policía. Ante as preguntas dos axentes, a menor manifestou que súa nai xa lle dera labazadas noutras ocasións.

Os policías identificaron, ademais, a varias testemuñas que corroboraron o declarado pola menor, motivo polo cal a nai foi detida.

Tanto a nai como a menor foron trasladadas ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo para recibir asistencia médica. Posteriormente, a detida foi levada a dependencias policiais para a instrución das dilixencias no xulgado competente nesta materia.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...