InicioSucesosA chamada de alerta dun familiar evita o suicidio dunha muller en...

A chamada de alerta dun familiar evita o suicidio dunha muller en Lugo

A muller, que se cortou as veas, chamara a súa irmá para despedirse. Esta avisou a Policía, polo que os axentes puideron intervir a tempo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional puideron intervir e evitar un caso de suicidio dunha muller de Lugo, despois de recibir o aviso dun familiar que vive na Coruña. A muller, brasileira de 55 anos e residente na zona de Frigsa, cortara as veas e chamara a súa irmá para despedirse dela.

Segundo informou a Policía Nacional, o pasado día 12 recibiuse unha chamada na sala operativa do 091, na que a requirente informou de que súa irmá a acababa de chamar para despedirse, xa que decidira cortarse as veas. Ante este aviso, o indicativo de Radiopatrullas puido enviar axentes ao domicilio que facilitara a requirente.  Unha vez no lugar, os efectivos non recibiron contestación de ninguén a través do porteiro automático, así que entraron á vivenda a través doutro piso do edificio.

Ao accederen ao interior, escoitaron “unha voz moi tenue e debilitada”. Os axentes identificáronse como policías e explicaron que foran eles quen abriran a porta. Alí, viron que a muller sangraba “abundantemente pola boneca esquerda”. Segundo indicou a Policía,  ela pediu que a deixasen morrer porque quería “irse deste mundo”. Ao tempo que solicitaron a presenza dos servizos sanitarios, os axentes procederon a practicar os primeiros auxilios, aínda que a muller opuxo “resistencia”.

Trataron de frear a hemorraxia e tapar a ferida, “que era moi profunda” e afectara aos tendóns. No interior da vivenda atoparon un cúter con manchas de sangue. Finalmente, a muller ferida foi trasladada ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....