InicioSucesosFerida unha moza tras saír da vía e envorcar o seu vehículo...

Ferida unha moza tras saír da vía e envorcar o seu vehículo en Lugo

A muller foi trasladada polos servizos sanitarios ao hospital.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha moza resultou ferida despois de envorcar o vehículo que conducía tras saírse da vía na cidade de Lugo.

Segundo informou o 112 Galicia, o accidente ocorreu sobre as 22,15 horas deste martes cando a condutora e única ocupante do vehículo circulaba pola Avenida de Benigno Rivera, en Pías, na cidade de Lugo.

Ata o lugar, desprazáronse os Bombeiros da cidade, que foron alertados polos xestores do 112 Galicia despois de recibir a chamada dun alertante, o cal informou dun coche envorcado cunha persoa no seu interior e con dificultades para saír.

Así mesmo, por parte do 112, informouse os feitos a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes de Tráfico, da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.

Os Bombeiros confirmaron ao 112 Galicia que a moza fora excarcerada do interior do turismo e trasladada polos servizos sanitarios. En concreto, o 061 enviou unha ambulancia que levou á moza R.G.M., de 32 anos, ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo.

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...