InicioSucesosDetido un home con orde de expulsión do país nun control policial...

Detido un home con orde de expulsión do país nun control policial de ‘afters’

A Policía Nacional destacou que "o dispositivo establecido na zona dá lugar a unha maior tranquilidade dos veciños".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos ao servizo de Radiopatrullas da Brigada de Seguridade Cidadá de Lugo interviñeron de novo nun dos locais de copas que operan de madrugada na zona da rúa Tui. No marco deste dispositivo de control de ‘afters’ foi detido un individuo con orde de expulsión do país.

Segundo informou a Policía Nacional, nesta ocasión, os policías xa estaban polo lugar para controlar a actividade e movementos nestes establecementos, na zona de Camiño Real, rúa Tui e rúa Poeta Ramón Cabanillas cando foron requiridos por un cidadán con problemas no local situado na rúa Tui ás 8,00 horas.

O requirente relatou que no interior do local lle subtraeran a cazadora e, posteriormente, foi expulsado do mesmo, motivo polo cal axentes se entrevistaron cos responsables do pub e o requirente puido recuperar os efectos.

Os policías desprazados observaron que o interior do local estaba cheo de cabichas e había “un forte cheiro a tabaco”, destacaron as mesmas fontes, polo que se formulou denuncia por infracción sobre a lexislación por consumo de tabaco en establecementos públicos, sobre o encargado do establecemento.

Ao mesmo tempo, destaca a Policía, identificouse no lugar a un cidadán sobre o consta unha resolución de expulsión do país en vigor por tres anos, motivo polo que foi detido e trasladado a dependencias policiais, a efectos de facela efectiva.

A Policía Nacional destacou que “o dispositivo establecido na zona dá lugar a unha maior tranquilidade dos veciños”.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...