Alerta por posibles desbordamentos de ríos

A Axencia Galega de Emerxencias (Axega) aínda mantén activa unha alerta por posibles desbordamentos de varios ríos das provincias da Coruña e Lugo, debido ás abundantes choivas rexistradas ao longo do fin de semana.

Estrada da Deputación de Lugo afectada por inundacións en Pobra do Brollón.

A Axencia Galega de Emerxencias (Axega) aínda mantén activa unha alerta por posibles desbordamentos de varios ríos na provincia de Lugo, ademais da Coruña, debido ás abundantes choivas rexistradas ao longo da fin de semana.

En concreto, segundo Augas de Galicia, organismo dependente da Xunta, continúan en aviso desde o venres a contorna dos ríos Ouro, Ladro, Eume, Xallas, Umia e Verdugo, así como as concas do Tambre, Ulla e Mandeo. Nestes espazos espéranse “aumentos das canles” e mesmo “pequenos desbordamentos puntuais”.

En previsión deste fenómeno, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior mantén activado o plan especial para o risco de inundación.

Así, o 112 Galicia recomenda aos cidadáns que, ante un posible crecemento dos caudais, abandonen calquera actividade realizada no curso dos ríos, retiren os vehículos destas zonas e non tenten cruzar pontes. Ademais, en caso de inundacións en vivendas, a Axega recomenda acceder á parte máis alta do inmoble en busca de protección.