Un ano de prisión por “alteración mental” para o acusado de abusar dunha menor

Os pais non quixeron denunciar, pero mantivose a acusación particular tras as acusacións da menor.

Audiencia Provincial de Lugo | Google
Audiencia Provincial de Lugo | Google

O home que este xoves ía ser xulgado na Audiencia Provincial de Lugo por abusar sexualmente da filla duns coñecidos seus, cando a vítima tiña quince anos de idade, aceptou finalmente unha pena de 1 ano de prisión, despois do acordo de conformidade ao que chegaron a Fiscalía e o seu defensa.

Ao non haber acusación particular por parte da vítima, a defensa chegou a un acordo co ministerio fiscal, de modo que se lle aplicou ao procesado unha “eximente incompleta por alteración mental”, segundo explicou o seu propio avogado.

O ministerio fiscal solicitaba inicialmente cinco anos de cárcere e outro seis de liberdade vixiada por uns feitos que sucederon o 24 de agosto de 2016, na vivenda que usaban para pasar as súas vacacións os coñecidos do acusado, na zona de Monforte de Lemos. Toda a información en Xornal de Lemos.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here