InicioSucesosUn incendio calcina a vivenda de dous anciáns en Friol

Un incendio calcina a vivenda de dous anciáns en Friol

Os labores de extinción prolongáronse durante toda a noite.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dous octoxenarios foron trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo por intoxicación por fume debido a un incendio que esta madrugada calcinou a súa vivenda practicamente na súa totalidade.

Segundo informan fontes do 061-Urxencias Sanitarias, as vítimas son un home de 87 anos e unha muller de 80. O domicilio estaba situado en Cima de Vila, na parroquia de Narla.

Tal e como indica o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112, foi un particular quen deu o aviso ao fío das 1,30 horas da madrugada do luns.

Seguidamente, os xestores do servizo de emerxencias informaron ao 061-Urxencias Sanitarias, aos bombeiros de Vilalba e á Garda Civil. Os labores de extinción finalizaron ao redor das 8,00 da mañá.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...