InicioLugo e contornaLugoDesarticulado un punto negro de venda de drogas en Lugo

Desarticulado un punto negro de venda de drogas en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Brigada de Policía Xudicial da Comisaría Provincial Lugo desarticularon un punto de venda de droga na capital tras a detención dunha persoa reincidente e a intervención de cocaína.

As investigacións comezaron o pasado mes de setembro cando, a través dun “labor de captación de información e de recepción de queixas veciñais”, destacou a Policía, tívose coñecemento da existencia dun punto de venda de droga no inmoble situado na rúa Lamas de Prado de Lugo.

As investigacións levaron aos axentes a identificar a un home con antecedentes anteriores por este tipo de feitos, que se dedicaba á venda ao “menudeo” de pequenas doses de cocaína a consumidores habituais que acudían á vivenda e proximidades, o que xeraba “gran malestar” entre os veciños da zona, indicaron as mesmas fontes.

Tras reunirse os indicios necesarios, procedeuse á detención do investigado na rúa Anduriñas cando se dispuña a efectuar unha venda de sustancias estupefaciente, polo que foi arrestado ‘in fraganti’.

A Policía Nacional destacou que hai aproximadamente dous anos esta mesma persoa, que residía na mesma vivenda, fora arrestada por feitos similares.

QUEIXAS

As mesmas fontes policiais incidiron en que a denominada ‘Operación Floder’ se desenvolveu en base á resposta ás queixas e solicitudes veciñais en relación á existencia de puntos de venda de droga en barrios da cidade.

Ademais das doses de cocaína intervidas, aprehendéronse 110 euros en efectivo, froito da transacción de sustancias estupefacientes, concretou as mesmas fontes.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...