InicioLugo e contornaLugoDenunciado un individuo ebrio tras serlle intervido un coitelo despois de molestar...

Denunciado un individuo ebrio tras serlle intervido un coitelo despois de molestar a clientes dun local en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo tramitou dilixencias en relación a un incidente rexistrado cun individuo “en estado de embriaguez” ao que lle foi intervido un coitelo ao ser identificado tras molestar a clientes nun local da cidade.

Segundo fontes municipais, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio acudiron sobre as 15,50 horas deste mércores día 23 a un establecemento situado na rúa Quiroga Ballesteros despois de recibir o aviso de que unha persoa ebria molestaba a clientes do local.

Tras presentarse alí os axentes, relatan as mesmas fontes, o individuo ausentouse. O dono do local achegou a súa descrición física, o que, destaca a Policía Local, “permitiu localizalo na Praza Maior”.

Sometido a un rexistro, os efectivos policiais puideron comprobar que portaba un coitelo que lle foi intervido, subliñaron as mesmas fontes.

Ademais, ao carecer de identificación, os axentes procederon a trasladalo a dependencias policiais, onde foi “plenamente identificado” e tramitouse acta por infracción á Lei de Seguridade Cidadá por “portar armas prohibidas nun lugar público”. Por iso, enfróntase a unha sanción de entre 601 e 30.000 euros.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...