InicioA UlloaTres persoas resultan intoxicadas por unha cociña de leña en Monterroso

Tres persoas resultan intoxicadas por unha cociña de leña en Monterroso

O suceso produciuse por unha deficiente combustión da cociña.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tres persoas necesitaron asistencia médica na tarde deste sábado ao presentar síntomas de intoxicación debido á deficiente combustión dunha cociña de leña nunha vivenda situada no número 25 da avenida de Lugo da localidade luguesa de Monterroso.

Os feitos ocorreron ao redor das 16,15 horas, cando tras recibir a alerta dun posible escape de gas nunha vivenda a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) requiriu a intervención dos Bombeiros de Chantada, do GES de Monterroso, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e da Garda Civil. Ademais, tamén foi informada a empresa subministradora de gas.

Unha vez na vivenda, os efectivos do GES detectaron a presenza de gas e confirmaron que procedía da defectuosa combustión dunha cociña de leña. A partir de aí, tras levar a cabo tarefas de ventilación na casa, as medicións resultaron negativas.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...