Detida por pedirlle 2.000 euros ao seu ex xefe a cambio de non revelar datos da empresa

A muller envioulle un whatssap tentando extorsionalo e foi detida pola brigada xudicial da Policía.

O detido entablaba conversas con terceiros a través dun perfil falso en redes sociais | Corpo Nacional de Policía
Axente da Policía investigando un caso | Corpo Nacional de Policía

Axentes da Policía Nacional do Grupo IV da Brigada Provincial de Policía Xudicial detiveron en Lugo a unha muller no marco das actuacións por delitos contra a ciberdelincuencia por ameazar a través de Whatsapp ao seu ex xefe con difundir información da empresa se non lle ingresaba 2.000 euros.

Segundo informou a Policía Nacional, despois de traballar nunha empresa da cidade, á finalización do período de proba foi rescindida a relación desta muller coa compañía.

Uns días despois, mediante unha mensaxe de Whataspp, a muller dirixiuse ao propietario e antigo xefe para pedirlle que lle ingresase nunha conta bancaria 2.000 euros ou chamaba “a todos os clientes da firma, dando datos e informacións prexudiciais da mesma”, relataron as mesmas fontes.

Tras interpoñer o empresario unha denuncia, a Policía comezou a investigación que culminou coa imputación da muller que ameazaba ao comerciante, feitos que foron trasladados ao xulgado de garda.

RISCOS DE INTERNET

A Policía Nacional, por mor deste feito, advirte dos riscos en Internet como os “provocados por virus informáticos ou malware (programa malicioso) de calquera tipo”. “O principal, ser vítimas de fraudes na compravenda e tamén o que se coñece como phishing (mensaxes recibidas nos que se nos pide, por calquera motivo, que indiquemos datos persoais, claves ou contrasinais, números de cartóns bancarios…)”, destacan estas fontes.

Por iso, a Policía Nacional apela a “xestionar correctamente a nosa privacidade” en canto á protección da información persoal xa que se pode “entrar noutros perigos relacionados co ciberacoso, o sextin ou a sextorsion”.

A Policía Nacional advirte que se debe, “en primeiro lugar, entre as medidas a adoptar, pensar as cousas antes de facelas e non actuar en quente, protexer adecuadamente os nosos dispositivos con boas e seguras contrasinais, antivirus e programas actualizados”.

A iso suma “realizar periodicamente copias de seguridade dos arquivos, navegar en sitios seguros e con direccións https”, ademais de “non dar información persoal a descoñecidos, nin publicar, difundir ou enviar imaxes ou vídeos comprometedores a través da as redes sociais”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here