InicioLugo e contornaLugoDetido un mozo que causou lesións a dúas persoas durante unha pelexa

Detido un mozo que causou lesións a dúas persoas durante unha pelexa

Os feitos remóntanse ao 25 de agosto, cando a Policía tivo coñecemento dunha pelexa que se produciu nun local de lecer da cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policia Nacional detivo en Lugo o pasado martes a un mozo implicado nunha pelexa nun local de lecer da cidade, froito da cal resultou ferido un home e unha muller allea aos feitos.

Os feitos remóntanse ao 25 de agosto, cando a Policía tivo coñecemento dunha pelexa que se produciu nun local de lecer da cidade.

Unha vez no lugar, os axentes identificaron a unha persoa que dixo ser agredida por outro mozo que abandonara o lugar. O ferido presentaba unha lesión na cabeza. Ademais, consecuencia da discusión, o mozo caera encima dunha muller que estaba no local e que necesitaba asistencia sanitaria. Tras unha investigación, os axentes puideron identificar e deter ao presunto autor dos feitos.

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...