Denunciado outro gorrilla nas inmediacións do HULA

Ante as advertencias dos axentes, rematou por abandonar o lugar.

Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) | Grupo San José
Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) | Grupo San José

A Policía Local de Lugo denunciou outro gorrilla que facía indicacións a condutores para estacionar nas inmediacións do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

Segundo informaron fontes municipais, durante a mañá do pasado 27 de agosto axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio, no marco do dispositivo de vixilancia establecido nas inmediacións do HULA, denunciaron un individuo “que se atopaba na calzada facendo indicacións aos condutores”.

Como causaba “molestias aos usuarios da vía”, ademais de ser denunciado polos axentes, foi “advertido de que, de persistir en tal actividade”, indicaron as mesmas fontes, sería denunciado por desobediencia, ante o cal “abandonou o lugar”, concluíu o relato policial.