InicioSucesosRetiran unha tonelada e media de residuos do piso onde vivía o...

Retiran unha tonelada e media de residuos do piso onde vivía o bebé ingresado no HULA

O inmoble someterase a un proceso de desinfección. Dende o Concello fan un chamamento á colaboración cidadá para detectar estas situacións: "é mellor unha falsa alarma que chegar a un caso tan extremo".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tras dúas xornadas de traballo, os servizos municipais de limpeza retiraron unha tonelada e media de residuos do interior da vivenda na que residían os pais e o bebé ingresado no Hospital Lucus Augusti con signos de sufrir malos tratos. Así o explicou o concelleiro de Medio Ambiente de Lugo, Álvaro Santos, que este mércores se desprazou á rúa Irmáns Carro para realizar un seguimento do proceso de limpeza.

Os labores iniciáronse tras a indicación urxente do Xulgado do perigo existente para a salubridade pública e en relación ás condicións hixiénicas da vivenda, “absolutamente deplorables”.  En concreto, apuntou que se retirou unha tonelada e media de residuos. Durante a tarde as empresas encargadas da limpeza definitiva xa se puxeron mans á obra.

Posteriormente, o inmoble “someterase a un proceso de desinfección e desratización co fin de garantir con todos os recursos a salubridade e seguridade pública”, explicou Santos. Está previsto que a limpeza conclúa este mércores.

CHAMAMENTO Á COLABORACIÓN CIDADÁ

A maiores, Álvaro Santos fixo un chamamento aos veciños de Lugo para que alerten ás autoridades en caso de sospeita dunha situación semellante, dado que “é mellor unha falsa alarma que chegar a un caso tan extremo”.

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...

O TS confirma que Ana Sandamil matou a súa filla para danar a súa ex parella e pai da nena

O Tribunal Supremo (TS) confirmou a condena de prisión permanente revisable a Ana Sandamil polo asasinato,...