InicioSucesosFalece un octoxenario en pleno centro de Vilalba

Falece un octoxenario en pleno centro de Vilalba

O ancián, que vivía na parroquia de Mourence, caeu no medio dunha rúa da localidade. Todo apunta a una morte natural, segundo os servizos de emerxencia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un ancián de 83 anos de idade faleceu na mañá deste mércores “por causas naturais” no centro de Vilalba, segundo informaron fontes policiais.

O home, que vivía na parroquia vilalbesa de Mourence, caeu redondo na calzada na intersección que une as rúas Ribadeo e Alcalde Fraga Bello minutos máis tarde das 11.00 horas. Segundo avanzou a Policía Local de Vilalba, a persoa falecida “encamiñábase ao centro de saúde da localidade para facerse unhas curas rutineiras” no momento do suceso.

Un particular alertou do sucedido ao 061 e, aínda que os efectivos chegaron de inmediato para tentar reanimalo -debido á proximidade ao edificio sanitario-, nada puideron facer para salvar a vida do home. Desde os servizos de emerxencia tamén indicaron que “o caso está en mans do médico forense”, pero “todo apunta a unha morte natural”. EFE

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...