InicioSucesosResulta ileso tras atropelar un cabalo co seu coche na Pastoriza

Resulta ileso tras atropelar un cabalo co seu coche na Pastoriza

O animal morreu a causa do impacto e o vehículo quedou danado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- O condutor dun turismo resultou ileso despois de atropelar un cabalo co coche que conducía á primeira hora desta mañá na Pastoriza. Así o informaron a EFE fontes do Centro Integrado de Atención as Emerxencias de Galicia (CIAE).

O aviso do accidente recibiuse ás 06:41 horas, cando un particular alertou de que atropelara un cabalo na estrada autonómica LU-122 e que o animal resultara morto a causa do impacto. O punto concreto onde se produciu o suceso foi na parroquia de Bretoña, á altura do quilómetro 16,500 da LU-122.

O CIAE mobilizou os Bombeiros de Vilalba, o GES da Pontenova, a  Garda Civil de Tráfico e o servizo de conservación e mantemento da estrada, para proceder á retirada do cadáver e do coche, que quedou seriamente danado. Nun principio tamén se pasou aviso do accidente ao 061, pero ao non precisar asistencia sanitaria o condutor, a súa presenza non foi necesaria.

 

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...