InicioSucesosA "proliferación" de casos de maltrato animal en Lugo: como reverter esta...

A “proliferación” de casos de maltrato animal en Lugo: como reverter esta situación?

As asociacións animalistas reclaman que o Concello reforce a Policía Local e que faga efectiva a súa capacidade para remitir á Xunta informes con propostas de sanción. Así mesmo, cren indispensable a colaboración cidadá.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber advirten do aumento de casos de maltrato a animais en Lugo. Este martes, reclamaron a adopción de medidas adicionais de Seguridade Cidadá para previr situacións extremas como a que se coñeceu recentemente sobre os dous cans do Veral que estaban nunha situación deplorable no Veral. Demandan que o Concello preste atención a isto e que determine este tipo de iniciativas publicamente.

Os animalistas resaltan que nos últimos meses se produciron situacións de abandono e malos tratos que alarman á cidadanía. O último destes exemplos foi a descuberta de dous mastíns “descompostos” nun predio rural do Veral. Ante esta “proliferación”,  as asociacións animalistas piden un reforzo da Policía Local e a aplicación efectiva das súas competencias de inspección e vixilancia.  Lembran que incluso poderían entrar en propiedades privadas en caso de que consideren que a vida dun animal corre perigo.

Neste sentido a Lei de Benestar Animal de Galicia, a pesar de restar competencias sancionadoras aos gobernos locais, si que faculta ás autoridades para elaborar informes e inspeccións que poidan ser remitidos á Xunta cunha proposta de sanción ou de intervención xudicial. Por tanto, Libera e Franz Weber consideran que o Concello ten capacidades e medios suficientes para dar resposta a esta problemática.

COLABORACIÓN CIDADÁ, INDISPENSABLE

Así e todo, o máis importante para reverter esta situación sería a colaboración cidadá. É a “primeira pedra” para detectar casos de abandono e malos tratos. A modo de exemplo, aluden ao suceso ocorrido na rúa Pintor Villamil, onde foron os propios veciños quen alertaron dun forte cheiro que deveu no “terrible achado” no piso. Sendo así, insisten na necesidade de “non dar as costas” a posibles infraccións ou delitos contra os animais.

 

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....