InicioSucesosUn ferido grave tras caer por un terraplén o coche no que...

Un ferido grave tras caer por un terraplén o coche no que circulaba na Fonsagrada

Dúas persoas ían no vehículo que se saíu da vía no lugar de Lamas de Moreira.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas -unha delas de gravidade- esta mañá na Fonsagrada ao saírse da vía e caer por un terraplén o turismo no que circulaban. Ocorreu no lugar de Lamas de Moreira, nunha pista próxima a Villadrís.

Debido á gravidade do accidente, o 061-Urxencias Sanitarias mobilizou ata o lugar do sinistro ao helicóptero medicalizado con base en Ourense, no que foi evacuada unha das vítimas ao Hospital Universitario Lucus Augusti.

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar do sinistro ás 10:55 horas e, decontado, o persoal do CIAE 112 Galicia pasou o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Sarria, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e  Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar dos feitos, os servizos de emerxencia confirmaron ao 112 Galicia que as persoas accidentadas atopábanse accesibles, polo que se descartou empregar o material de excarceración para liberalas.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...