InicioSucesosFalece un home no Corgo tras envorcar o tractor que conducía

Falece un home no Corgo tras envorcar o tractor que conducía

Saíuse da vía na parroquia de Farnadeiros e o vehículo foi parar a unha leira.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home faleceu na tarde deste venres tras envorcar o tractor que conducía cando circulaba pola estrada LU-P-1608, no concello do Corgo  á altura da parroquia de San Pedro de Farnadeiros.

Fontes do 112 confirmaron a Europa Press que o accidente se produciu antes das 17.00 horas, cando o condutor se saíu da vía e acabou envorcado nunha leira contigua á estrada. O servizo de emerxencias recibiu a chamada de aviso dun particular ás 16.50 horas.

Ata alí desprazáronse os bombeiros de Sarria, a Garda Civil e unha ambulancia. Foron os sanitarios os que confirmaron a morte do home cando chegaron ao lugar do accidente.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...