InicioSucesosDetida unha muller en Bonxe por traficar con droga oculta na roupa...

Detida unha muller en Bonxe por traficar con droga oculta na roupa interior

Unha veciña de lugo levaba, presuntamente, sustancias estupefacientes a un familiar seu que cumpre condena no cárcere.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo en Outeiro de Rei unha veciña de Lugo de 67 anos de idade como presunta autora dun delito de tráfico de drogas. Ao parecer, a muller proporcionáballe sustancias estupefacientes a un familiar que estaba na cárcere de Bonxe. Levaba a droga oculta na roupa interior.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos sucederon cando a muller, nunha visita autorizada a un familiar seu que cumpre condena nun centro penal, “pretendía introducir supostas sustancias estupefacientes que portaba ocultas na súa roupa interior”.

Unha vez se procedeu á súa detención, a muller fixo entrega voluntaria de 25 gramos dunha sustancia, supostamente haxix, e de 15 pastillas de cor branca, presuntamente da familia das benzodiacepinas. A muller detida foi posta a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo.

FURTO

Por outra banda, a Garda Civil investiga no termo municipal de Castroverde a un veciño de Lugo de 73 anos como presunto autor dun delito de furto de diversos obxectos valorados en 500 euros. A persoa investigada en relación con estes feitos foi posta a disposición xudicial, sinalaron as mesmas fontes.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...