Morre un operario tras caer dunha plataforma cando traballaba nunha nave en Xermade

Ambulancia medicalizada do 016 | Europa Press

Un operario faleceu ao caer desde unha plataforma cando traballaba nunha nave situada en Roupar de Abaixo, no termo municipal de Xermade (Lugo).

Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, pasadas as 16,30 horas deste xoves, un particular solicitou ao servizo de emerxencias asistencia para unha persoa que caera dunha plataforma.

Pouco despois de confirmarse o falecemento da persoa polos profesionais sanitarios, os axentes da Garda Civil ratificaron que se tratou dun accidente laboral. Despois de recibir a alerta, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias, da Garda Civil e de Protección Civil da localidade.