InicioSucesosDetida unha moza en Lugo por denunciar o falso roubo do seu...

Detida unha moza en Lugo por denunciar o falso roubo do seu teléfono móbil para cobrar o seguro

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo este xoves a unha moza de 21 anos por simulación de delito ao presentar unha denuncia falsa en comisaría polo suposto roubo do seu teléfono móbil de alta gama, que vendera, co fin de cobrar o seguro.

Segundo informou a Policía Nacional, o día 3 de xuño personouse na comisaría unha moza para manifestar que, cando paseaba co seu bebé, unha persoa achegouse por detrás e arrebatoulle o bolso do ombreiro, tras o que fuxiu á carreira, polo que non puido describir característica algunha.

No bolso levaba, entre outras pertenzas, a documentación persoal, diñeiro e un móbil. Cos datos do teléfono; marca, modelo e numero de serie, os investigadores iniciaron as pescudas, que, indica a Policía, leváronlles a constatar que o teléfono pertence desde o día 7 de maio a outra persoa.

Segundo manifestou a actual propietaria, o comprara a través da plataforma dixital Wallapop por 950 euros. Quen llo vendeu foi un home que rexenta un negocio en Lugo, este comprárallo, á súa vez, á muller que denunciou o roubo en comisaría, por 800 euros, para posteriormente polo á venda.

Segundo despréndese do informe policial, o obxecto da denuncia “foi o cobrar ao seguro o roubo do móbil e, desta forma, obter uns beneficios, tanto da compañía aseguradora como da venda do teléfono”, destaca a Policía.

Polos indicios e as probas obtidas, logrouse a localización e detención da muller. A investigación policial foi levada a cabo polo Grupo de Delitos Tecnolóxicos da Brigada Provincial de Policía Xudicial.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...