InicioSucesosA Montaña, abandonada e sen bombeiros

A Montaña, abandonada e sen bombeiros

Negueira de Muñiz reclama bombeiros nesta comarca tras tardar dúas horas os profesionais do lume en chegar para a apagar un lume que calcinou unha casa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Negueira de Muñiz, José Manuel Braña, lamentou que un incendio como o que a pasada noite deixou totalmente calcinada unha casa habitada no lugar de Pena da Nogueira pode “volver producirse mañá ou pasado”, sen que a dotación de emerxencias na Montaña de Lugo estea preparada para facer fronte a este tipo de continxencias.

Despois do sucedido, o rexedor local considera que é máis que necesario “reclamar a creación dun parque ou de dous miniparques de bombeiros na Montaña“, para poder responder con garantías e nun tempo prudencial a este tipo de incidencias.

Ao seu xuízo, hai que “adoptar algún tipo de medida”, porque esta situación afecta “a unha zona moi grande” e cunha “orografía moi complicada”, o que tamén dificulta os desprazamentos e alarga os tempos de resposta.

DÚAS HORAS EN CHEGAR

A pasada noite, un incendio deixou totalmente destruída unha casa habitada no lugar de Pena dA Nogueira, en Negueira de Muñiz, aínda que afortunadamente o lume non provocou danos persoais. Segundo informou o Centro Integrado de Atención a Emerxencias de Galicia (CIAE), o incendio comezou nunha estufa e, rapidamente, propagouse á estrutura de madeira da casa, que quedou totalmente calcinada. Os bombeiros, que tiveron que ir desde a Mariña, tardaron dúas horas en chegar.

ÚLTIMAS

Foxe á carreira tras ser interceptado conducindo sen carné e tras consumir alcol e drogas

Un home de 31 anos de idade deuse á fuga na madrugada deste martes en Lugo...

Nova oficina do SEPE en Lugo, pola que pasarán 27.000 veciños ao ano

A antiga Escola de Enfermaría de Lugo acolle a nova oficina do SEPE na...

Conmemoran a batalla do Porto de Bois e reivindican “Altri non”

Coincidindo coa xornada de conmemoración da batalla de Porto de Bois, xuntouse un grupo...

Lugo rexistra un terremoto de magnitude 3.6 que se fixo notar

Un terremoto de magnitude 3,7 na escala de Richter con epicentro en Sarria foi...