InicioLugo e contornaIntoxicadas tres persoas nun incendio declarado nunha vivenda de Lugo

Intoxicadas tres persoas nun incendio declarado nunha vivenda de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tres persoas tiveron que ser atendidas ao resultar intoxicadas por inhalación de fume nun incendio declarado nunha vivenda da Praza de Alacante da cidade de Lugo.

Segundo informa o CIAE 112 Galicia, varios veciños do inmoble chamaron á central de emerxencias ás 16,30 horas para alertar da existencia dun incendio declarado no interior dun piso.

A central do 112 puxo o caso en coñecemento dos bombeiros de Lugo que se atoparon ao chegar ao lugar con que o incendio xa fora apagado polos ocupantes da vivenda. Con todo, tres persoas resultaron intoxicadas e tiveron que ser trasladadas ao Hospital de Lugo.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...