A investigación sinala a nai como presunta responsable da morte da nena de 7 anos falecida na súa casa en Cospeito

A casa de Cospeito na que apareceu o cadáver da nena | Arquivo

A xuíza do Xulgado Mixto número 1 de Vilalba decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza, por un presunto delito de homicidio/asasinato, para a nai da nena de sete anos que foi achada morta no seu domicilio na localidade de Muimenta, en Cospeito (Lugo) o pasado 3 de maio.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a xuíza trasladouse este xoves ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo para tomar declaración, en calidade de investigada, á nai da nena.

A comitiva xudicial decidiu trasladarse ao hospital tendo en conta que a muller non recibiu a alta médica. No entanto, por parte dos facultativos que a tratan no módulo de psiquiatría valorouse que xa estaba en condicións de prestar declaración.

A muller, que estivo acompañada dun avogado nomeado pola investigada, acolleuse ao seu dereito a non prestar declaración.

A xuíza acordou prisión provisional, comunicada e sen fianza, por un presunto delito de homicidio/asasinato, segundo precisaron fontes do TSXG.

De momento, a muller permanecerá ingresada no módulo de custodia do hospital. Unha vez reciba a alta médica será ingresada no centro penal correspondente.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here