InicioBierzoDetidas varias persoas en Lugo por vender viño ilegal coa denominación do...

Detidas varias persoas en Lugo por vender viño ilegal coa denominación do Bierzo

Practicaronse 11 rexistros en naves e domicilios nas provincias de León, Ourense, Lugo e Pontevedra.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil, no marco da operación ‘Baco 2019’, procedeu á detención de catro persoas e á investigación doutros seis pertencentes a unha organización delituosa dedicada ao embotellamento e venda de viño de maneira masiva e fraudulenta. Ademais, practicaronse 11 rexistros en naves e domicilios nas provincias de León, Ourense, Lugo e Pontevedra.

Segundo informou o Instituto Armado, puñan no mercado nacional e internacional uns dous millóns de botellas para facelas pasar por viño da Denominación de Orixe Bierzo (León) e Indicación Xeográfica Protexida de Vino de Castilla y León.

Aos detidos e investigados atribúeselles a comisión dos supostos delitos de estafa continuada, fraude, falsificación, utilización ilexítima de figuras de calidade e branqueo de capitais. A operación iniciouse en decembro de 2018 cando o Consello Regulador Denominación de Orixe Bierzo denunciou ante a Garda Civil irregularidades detectadas en varias contraetiquetas do viño que se atopaban no mercado.

A partir dese momento, os axentes realizaron numerosos controis do viño disposto para a venda en establecementos comerciais, detectando irregularidades en varias marcas comerciais, polo que se procedeu á inmovilización cautelar de case 8.000 botellas de viño en diferentes provincias.

Así mesmo, os axentes detectaron varias empresas relacionadas co sector do viño que, de maneira organizada, “embotellaban e puñan no mercado viño de maneira fraudulenta e ilexítimamente baixo as figuras de calidade DOP Bierzo e IGP Vino da Tierra de Cstilla y León”, destacan as mesmas fontes.

Para iso utilizaban “contraetiquetas e rexistros embotelladores falsificados, atribuíndo ao viño características das que carecía e cun sobreprezo á hora de polo no mercado”, concretaron as mesmas fontes.

EVIDENCIAS

Por tal motivo, procedeuse á explotación da operación, con 11 entradas e rexistros nos que se obtiveron “numerosas evidencias”, aseguran as mesmas fontes, da actividade que se desenvolvía e na que se interveu abundante documentación, varios centos de miles de contraetiquetas falsificadas, efectos e un total de 335.000 euros. Así mesmo, procedeuse á incautación de todo o viño afectado que se puxo no mercado.

Esta operación foi desenvolvida e dirixida polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Ponferrada e a Fiscalía de área de Ponferrada.

As dilixencias foron instruídas polo Equipo de Protección da Natureza da Comandancia da Garda Civil de León, en colaboración co Seprona e Unidade Orgánica de Policía Xudicial das Comandancias da Garda Civil de Ourense, Lugo e Pontevedra, así como persoal da DO Bierzo, Instituto Tecnolóxico Agrario da Xunta de Castela e León e inspectores de defensa de Fraudes e Calidade Alimentaria da Consellería de Medio Rural da Xunta en Ourense.

A operación continúa aberta, polo que a Garda Civil non descarta novas detencións.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...